CASTELLANO

 

O tomate negro de Santiago é unha antiga variedade que se recuperou recentemente, conseguíndose a súa extensión progresiva polas hortas galegas.

Froito de verán, ten un tamaño medio, e unha cor entre vermello escuro e verdoso. Cando o abrimos, o primeiro que nos chama a atención é o seu intenso aroma. A pesar do seu aspecto imperfecto, cun gran número de pregos e estrías, o seu sabor é moi intenso e a súa polpa carnosa. Cunha textura branda, a súa dozura e sustancia fan que se poida comer como unha froita.

Todo iso contribúe a que sexa perecedoiro, non susceptible de comercializar en grandes superficies.

A recuperación deste tomate, que case desaparecera, débese ao CIAM, Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2019. Aviso legal

(Visited 204 times, 1 visits today)