CASTELLANO

 

En Galicia atópanse os mellores percebes, un delicioso marisco, de intenso sabor a mar, que se captura por toda a costa desta Comunidade.

O percebe galego, de excelente calidade, caracterízase por ser de maior calibre, máis groso e de menor lonxitude a respecto doutros de diferentes procedencias. Ademais, ten menor número de «unllas» e unha tonalidade máis escura.

O percebe é un crustáceo que vive pegado ás rochas e aliméntase pola filtración de fitoplancto que contén a auga que chega á súa contorna. En Galicia, captúrano artesanalmente os «percebeiros» meténdose no mar, un traballo ás veces arriscado.

Para cociñalos hai un dito: «auga a ferver, percebes botar, auga a ferver, percebes sacar». É preferible facelo en auga de mar. Despois de compralo hai que consumilo rápido, e lavalos con abundante auga fría antes de cociñar. Sérvense quentes, tapados cun pano para que abrande a pel e poida retirarse con máis facilidade. Os viños brancos galegos, como albariño ou ribeiro, son o acompañamento idóneo.

Beneficios nutricionais

Este marisco destaca pola súa achega en vitamina, B3, B12 e E, e minerais como o potasio, sodio, fósforo, magnesio, iodo, ferro e zinc. Ademais, ten un baixo contido en graxas a respecto doutros mariscos.

 

Só se permite a utilización deste contido noutros sitios web enlazando coa nosa url, mencionando como fonte comesaudable.
© Comesaudable, Madrid 2020.
Aviso legal

(Visited 129 times, 1 visits today)