CASTELLANO

 

Cada ano, España xera uns 150 millóns de litros de aceite vexetal usado, aproximadamente o 15 % da cifra total europea. Este refugallo xérase no procesamento de alimentos, os restaurantes e os fogares.

Os aceites usados, como as graxas, non deben derramarse nunca nos desaugadoiros, pois teñen un gran potencial contaminante. Degradan as augas, afectan os solos e acaba por afectar á agricultura. As infraestruturas precisas para combater os seus efectos son custosas.

O xabrón elaborado a partir de aceites usados é un método tradicional de reciclaxe. Actualmente, débese depositar o aceite usado en botellas nos contedores específicos dispoñibles nas cidades. A nosa acción ao depositar os aceites vexetais usados neses puntos é o inicio dun aproveitamento que permite novas vidas para os vellos aceites. É o comezo dun ciclo resultado da economía circular.

A reutilización de aceites vexetais usados pertence ao enfoque da economía circular

O aceite alimentario usado refínase en instalacións especializadas coa ollada posta na farmacoloxía e a produción de biomateriais e biocombustibles. No caso do biodiésel, a calidade do obtido co aceite residual é idéntica ao obtido con aceites vexetais non usados, reducíndose deste xeito o impacto ambiental do biodiésel.

Biolubricantes e bioplásticos son outros resultantes do proceso, con usos no sector automobilístico ou farmacéutico ou a súa aplicación en alimentos enfocados á mellora da saúde -os chamados nutracéuticos-. Tamén se investigan vías como a produción de bioplásticos.

 

©Comesaudable, GB Corporación 2021. Aviso Legal

Extraído de un artículo de Miguel Carmona Cabello, Pilar Dorado y Sara Pinzi, de la Universidad de Córdoba.

The Conversation (www.theconversartion.com)

 

(Visited 48 times, 1 visits today)