CASTELLANO

 

O pan do Porriño é o pan tradicional do concello co mesmo nome, O Porriño, na provincia de Pontevedra, que está certificado coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP) coa denominación de «Pan Galego». Esta denominación inclúe o pan que se elabora dentro do territorio da comunidade autónoma de Galicia, segue un procedemento artesán, utilizando fariñas totalmente exentas de aditivos, das cales un 25 por cento deberá ser de trigo cultivado en Galicia.

Pan de forma de bolo, con codia variable en dureza e crocante de forma crebada e enfariñada, miga esponxosa e húmida de formas alveoladas e distribución irregular, cun proceso lento de amasado, fermentación e cocción en fornos con soleira de pedra ou outros materiais refractarios. Elabórase con fariña de trigo brando, masa nai, algo de lévedo, 60 % de auga e sal. Ten un aspecto rústico e faise en formas de bolo, bola, rosca e barra, as dimensións varían segundo o seu peso, que pode ser de 250, 500, 1000, 1500 gramos e outros formatos maiores.

A indicación xeográfica protexida promove o cultivo de trigo galego e a fabricación de fariña en muíños tradicionais como valor diferenciador do «Pan Galego».

Orixe do Pan do Porriño

Pan típico do Porriño, concello de Pontevedra, unha das capitais galegas do pan. Segundo estudos realizados, o pan do Porriño comezou a elaborarse nunha panadaría do barrio dos Aloques, arredor de 1788. A documentación existente desde o século XVI indica que estaba reservado unicamente ás clases máis podentes: a nobreza rural, os mosteiros… é un pan de moi alta calidade, cocido en forno de leña, cunha alta taxa de hidratación, codia semidura, a miga suave e esponxosa.

(Visited 109 times, 1 visits today)